No DOG do 08/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2026 pola que se modifica a Resolución do 31 de marzo de 2026, pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes técnicos en xestión ambiental, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro) e pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 221, do 21 de novembro).

De conformidade co establecido na disposición adicional novena da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza, as prazas correspondentes a escalas a extinguir están excluídas do proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, polo cal as persoas que ocupan tales postos permanecerán neles e as súas prazas non poderán ser obxecto deste acto de elección.

Substitúen o anexo II da Resolución do 31 de marzo de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes técnicos en xestión ambiental, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) e pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro), polo anexo recollido nesta resolución.