No DOG do 14/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de formación e orientación laboral, convocado mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 18 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 162, do 26 de agosto), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 21 de abril de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).