No DOG do 15/04/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2026 pola que se convoca o II Curso monográfico de actualización de criterios de actuación no ámbito tributario autonómico galego.

Esta actividade está dirixida ás seguintes persoas destinatarias:

• Persoal empregado público da Atriga e persoal das oficinas liquidadoras de distrito hipotecario (en diante, OOLLDH). Este persoal terá preferencia na selección.

• Persoal empregado público que desempeñe funcións do ámbito tributario (autonómico, estatal e local) aplicativas ou de revisión.

• Colectivo de colaboradores sociais da Atriga.

• Outro persoal empregado público das administracións públicas de Galicia e persoas interesadas en xeral.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 23 de abril de 2026