No DOG do 20/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se abre o prazo posesorio dos postos adxudicados en virtude da Resolución do 3 de decembro de 2025 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas de axentes facultativos ambientais e axentes forestais, convocado pola Resolución do 30 de novembro de 2023.

O cesamento efectuarase o día 24 de abril de 2026.

o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e empezará a computarse o día 25 de abril de 2026.