No DOG do 22/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba física pack test para o procedemento de elección de destino de determinados postos de traballo do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, na especialidade de bombeiro forestal.

Ao abeiro do disposto no punto décimo primeiro da Resolución do 13 de abril de 2026, convócanse as persoas aspirantes que no procedemento de elección de destino soliciten unha praza definida na RPT coa observación «R.I.: proba física pack test» para o día 23 de abril de 2026, a partir das 10.00 horas, no estadio municipal Verónica Boquete, de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, núm. 20, Santiago de Compostela, para a realización da proba física, en chamamento único, segundo a distribución que se publicará no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos