No DOG do 23/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, corpo facultativo de grao medio, escala técnica facultativa, especialidade de educador e educadora infantil; corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala de axentes técnicos/as facultativos/ as, especialidade de educación infantil; corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de coidadores da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.
A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galiza, https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe de «concurso de traslados». A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.