No DOG do 24/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2026 pola que se nomean como persoal funcionario de carreira no corpo de técnicos/as de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes técnicos/as en xestión ambiental, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 221, do 21 de novembro), modificada pola Resolución do 29 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 229, do 1 de decembro).

Nomean persoal funcionario de carreira no corpo de técnicos/as de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes técnicos/as en xestión ambiental, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos, segundo o disposto na base IV.5, os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión no prazo de quince (15) días hábiles, decretado na Resolución do 25 de febreiro de 2026 (DOG núm. 44, do 6 de marzo) pola que se declara a urxencia e se reducen os prazos no proceso selectivo convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 para o ingreso na escala de axentes técnicos/as en xestión ambiental do corpo de técnicos/as de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B.

O prazo para a toma de posesión iniciarase o día 27 de abril de 2026.