No DOG do 27/04/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de montes, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica forestal, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.