No DOG do 29/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de mestres de taller, de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de servizos ao buque, convocado pola Resolución do 3 de decembro de 2025, polo que se dá publicidade de diversos acordos.

Acórdase publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio.

As persoas aspirantes declaradas aptas deberán entregar a programación didáctica correspondente ao segundo exercicio na sala «D», situada na planta baixa do Edificio Administrativo San Caetano (zona da pirámide), Santiago de Compostela, o día 18 de maio, entre as 16.00 e as 17.00 horas, programación que recollerá na dita sala o tribunal. Consonte o disposto na base II.1.2.10 da convocatoria, con anterioridade á realización da proba o tribunal publicará os criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio que non estean expresamente establecidos nas bases da convocatoria.