No DOG do 30/04/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 33, condutor/a autobomba de defensa contra incendios forestais, do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza, das novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de sistema de concurso ou de concurso-oposición, convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e se lles adxudica destino definitivo.

- RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 14A, bombeiro/a forestal condutor/a, do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, das novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso ou de concurso-oposición, convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e se lles adxudica destino definitivo.

- RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 14, bombeiro/a forestal, do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, das novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso ou de concurso-oposición, convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e se lles adxudica destino definitivo.

- RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 10C, emisorista de defensa contra incendios forestais, do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, das novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza núm. 245, do 27 de decembro) e se lles adxudica destino definitivo.

- RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 10B, vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais, do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, das novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro) e se lles adxudica destino definitivo.

- RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 100, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza, das novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro) e se lles adxudica destino definitivo.

- RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo de auxiliares de carácter técnico, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade bombeiro/a forestal, das novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de sistema de concurso ou de concurso-oposición, convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e se lles adxudica destino definitivo.