No DOG do 08/05/2026 publican a RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
O detalle da puntuación de cada un dos méritos poderase consultar na canle do emprego publico de Galiza (Fides), accedendo á inscrición no proceso selectivo, no bloque «resultado», que se amosará no momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.