No DOG do 08/05/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza, especialidade de mecánico/a, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 98, do 23 de maio), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza, especialidade de patrón/oa, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 98, do 23 de maio), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Consonte o disposto na base III.1.1.3 da convocatoria, abren un prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza, para que as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio do proceso selectivo presenten a documentación acreditativa de que posuían, no día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).