No DOG do 11/05/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo, mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada (Diario Oficial de Galiza número 20, do 30 de xaneiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro e do segundo exercicios do proceso selectivo.

O primeiro e o segundo exercicios da oposición, de conformidade coa base II.1.1 da convocatoria, terán lugar o día 15 de maio de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no pavillón 2 da Feira Internacional de Galiza Abanca, en Silleda.

- RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo, mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal (Diario Oficial de Galiza número 20, do 30 de xaneiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro e do segundo exercicios do proceso selectivo.

O primeiro e o segundo exercicios de oposición, de conformidade coa base II.1.1 da convocatoria, terán lugar o día 15 de maio de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no pavillón 2 da Feira Internacional de Galiza Abanca en Silleda.