No DOG do 18/05/2026 publican a RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de formación e orientación laboral, convocado mediante a Resolución do 18 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 162, do 26 de agosto), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican os resultados do primeiro exercicio no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, os aspirantes que superaron o primeiro exercicio deberán entregar a programación didáctica correspondente ao segundo exercicio o día 4 de xuño de 2026, na sala D situada na planta baixa do Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, entre as 15.30 e as 16.30 horas. A dita programación será recollida polo tribunal e defenderase ante este no momento en que sexa convocado/a para tal efecto, empregando unha copia da programación que se entregou. A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha materia ou módulo relacionado coa especialidade en que se participa (formación e orientación laboral) e axustarase ao modelo establecido no anexo XIII da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial, e deberá conter un mínimo de catro (4) unidades didácticas.