No DOG do 20/05/2026 publican a RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, corpo facultativo de grao medio, escala técnica facultativa, especialidade de educador e educadora infantil; corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala de axentes técnicos/as facultativos/as, especialidade de educación infantil e corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de coidadores, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galiza na epígrafe de concurso de traslados https://www.xunta.gal/funcion-publica/ concurso-de-traslados/consulta

A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.

As respostas ás reclamacións poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-dereclamaciones co DI e co código da reclamación formulado.