No DOG do 20/05/2026 publican a RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de expertos/as lingüistas.
Adxudican e fan públicas as adxudicacións dos postos de traballo ás persoas que se relacionan no anexo I. Esta información está ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe Concurso de traslados.
En aplicación do establecido na base XI da convocatoria do concurso de traslados, a toma de posesión nos postos adxudicados como consecuencia da resolución deste concurso efectuarase a partir do día seguinte ao do cesamento e iniciará o cómputo dos prazos posesorios establecidos no artigo 8 do Decreto 151/2002, do 12 de setembro, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.
O cesamento deberá efectuarse o día 21 de maio de 2026.