No DOG do 21/05/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de navegación marítima, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 162, do 26 de agosto), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio.

As persoas aspirantes declaradas aptas deberán entregar a programación didáctica correspondente ao segundo exercicio na sala D, situada na planta baixa do edificio administrativo San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela, o día 9 de xuño, entre as 14.30 e as 15.00 horas, programación que recollerá na dita sala o tribunal. Consonte o disposto na base II.1.2.10 da convocatoria, con anterioridade á realización da proba, o tribunal publicará os criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio que non estean expresamente establecidos nas bases da convocatoria.

- RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de inglés marítimo, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio.

As persoas aspirantes declaradas aptas deberán entregar a programación didáctica correspondente ao segundo exercicio, na sala D situada na planta baixa do edificio administrativo San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela, o día 9 de xuño, entre as 15.00 e as 15.30 horas, programación que se recollerá na dita sala polo tribunal. Consonte ao disposto na base II.1.2.10 da convocatoria, con anterioridade á realización da proba, o tribunal publicará os criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio, que non estean expresamente establecidos nas bases da convocatoria.