No DOG do 22/05/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de outubro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 208, do 28 de outubro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 30 de maio de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos da facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 208, do 28 de outubro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 30 de maio de 2026, ás 15.30 horas, no salón de actos e nas aulas 1 e 9 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 30 de maio de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, nas aulas 1 e 9 da Facultade de Dereito, en Santiago de Compostela.