No DOG do 26/05/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario en prácticas das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspección turística, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 129, do 7 de xullo), modificada pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro).

Nomean persoal funcionario en prácticas do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspección turística, as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado por la Resolución do 5 de xullo de 2023, modificada pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024, e que figuran no anexo.

O nomeamento terá efectos, segundo establece a base II.Bis.1 da convocatoria, desde a data de inicio do período de prácticas regulado na resolución da Consellaría de Facenda e Administración Pública do 21 de maio de 2026, que será o día 1 de xuño de 2026.

- RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2026 pola que se regula o período de prácticas das persoas aspirantes que superaron a fase de concurso-oposición do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspección turística, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 129, do 7 de xullo), modificada pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro).

A realización desta formación, en calidade de persoal funcionario en prácticas, non comporta en ningún caso o desempeño dun posto de traballo.

Segundo o disposto na base II.Bis.2 da convocatoria do proceso selectivo, o curso selectivo de formación terá unha parte teórica e unha parte práctica cunha duración de dous (2) meses, que comezará o día 1 de xuño de 2026 e rematará o 31 de xullo de 2026, ambos incluídos.