No DOG do 29/05/2026 publican a RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de xerocultor ou xerocultora, e do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de servicios xerais (PSX).
A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galiza https://www.xunta.gal/funcion-publica na epígrafe de concurso de traslados. A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.