No DOG do 29/05/2026 publican a RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, corpo facultativo de grao medio, escala técnica facultativa, especialidade de educador e educadora infantil; corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala de axentes técnicos/ as facultativos/as, especialidade educación infantil; e corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de coidadores.
Publican as puntuacións provisionais das persoas concursantes admitidas para cada un dos postos solicitados, no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e dentro da epígrafe de concurso de traslados https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta