No DOG do 29/05/2026 publican a RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2026 pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior, escala superior de sistemas e tecnoloxías da información; corpo de xestión, escala de xestión de sistemas e tecnoloxías da información; e corpo administrativo, escala de técnica/o especialista en tecnoloxías e sistemas da información da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible da Canle de emprego público de Galiza (Fides), na Oficina Virtual do Profesional, á cal se accederá a través do enderezo http://fides.xunta.gal

O persoal concursante só poderá presentar unha única solicitude de participación. No caso de presentar máis dunha solicitude, só se terá en conta a última. Soamente se admitirán as solicitudes que se presenten conforme ao procedemento establecido. 

A solicitude deberá presentarse electronicamente a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galiza e ata o día 12 de xuño de 2026 incluído.