No DOG do 01/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala superior de estatística, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala técnica de estatística.

En aplicación do establecido na base XI da convocatoria do concurso de traslados, a toma de posesión nos postos adxudicados como consecuencia da resolución deste concurso efectuarase a partir do día seguinte ao do cesamento e iniciará o cómputo dos prazos posesorios establecidos no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 12 de setembro, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.

O cesamento deberá efectuarse o día 2 de xuño de 2026.