No DOG do 04/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e produción, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican os resultados do primeiro exercicio.

As persoas aspirantes declaradas aptas deberán entregar a programación didáctica correspondente ao segundo exercicio, na sala E situada na planta baixa do Edificio Administrativo San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela, o día 16 de xuño, entre as 15.00 e as 15.30 horas, programación que recollerá na dita sala o tribunal. Consonte o disposto na base II.1.2.10 da convocatoria, con anterioridade á realización da proba, o tribunal publicará os criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio que non estean expresamente establecidos nas bases da convocatoria.