No DOG do 05/06/2026 a EGAP publica a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 7 de maio de 2026 pola que se convoca a xornada Claves actuais do emprego público no marco da boa administración.

Onde di: «5. O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza e ata as 23.59 horas do día 15 de xuño de 2026».

Debe dicir: «5. O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 22 de xuño de 2026».