No DOG do 05/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de recursos naturais e forestais, convocado mediante a Resolución do 4 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 131, do 10 de xullo) pola que se dá publicidade a diversos acordos.
Publican como anexo a esta resolución a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuación obtida.
De conformidade co disposto na base IV.2 da resolución de convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza, para presentar a documentación prevista na dita base.