No DOG do 05/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2026 pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspección turística e corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidades de vixilancia de estradas, mobilidade e dominio público hidráulico.
Presentación de solicitudes (de participación e de elección de postos):
1. Participantes da Xunta de Galiza en servizo activo na súa escala de participación, accedendo ao Portal do empregado no enderezo electrónico https://portax.xunta.es
2. Participantes en calquera situación distinta da referida no punto anterior, a través do portal da web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal no enderezo electrónico https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados
A solicitude e, de ser o caso, a documentación adicional, deberá presentarse electronicamente a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e ata o día 19 de xuño de 2026 incluído, e dirixirse á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal da Consellaría de Facenda e Administración Pública.