No DOG do 05/06/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de bioloxía pesqueira, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da segunda parte do segundo exercicio.
Terá lugar o día 16 de xuño de 2026 en chamamento único que se iniciará ás 14.30 horas, na sala D do Edificio Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.
- RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía, convocado mediante a Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 228, do 25 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 28 de xuño de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos e nas aulas 1 e 9 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.