No DOG do 05/06/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidades técnica e xurídica.

- RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axentes de extensión pesqueira.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galiza (DOG).