No DOG do 10/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.
A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
O detalle da puntuación de cada un dos méritos poderase consultar na canle do emprego publico de Galiza (Fides) accedendo á inscrición no proceso selectivo, no bloque «resultado», que se amosará no momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.