No DOG do 11/06/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de inglés marítimo, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 17 de xuño de 2026, en chamamento único ás 14.30 horas, na sala D, situada na planta baixa do edificio administrativo San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal subalterno, convocado mediante a Resolución do 24 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 233, do 2 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 16 de xuño de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.00 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa Madrid, 2-4 (Fontiñas).

- RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de navegación marítima, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar os días 15 e 16 de xuño de 2026, nas salas D ou E, segundo se indica no DOG, ambas situadas na planta baixa do Edificio Administrativo de San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela.