No DOG do 16/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais (PSX), convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 228, do 25 de novembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 28 de xuño de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, na aula 19 da facultade de Dereito de Santiago de Compostela.