No DOG do 17/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2026, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, pola que fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

Terá lugar o día 27 de xuño de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galiza Abanca en Silleda.