No DOG do 19/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de minas, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 21, do 30 de xaneiro), pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.
De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, a partir do día seguinte ao da publicación da relación de persoas aprobadas no DOG, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para presentar a documentación prevista na citada base.