No DOG do 19/06/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica, convocado mediante a Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 228, do 25 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro e segundo exercicio do proceso selectivo.

Terán lugar o día 27 de xuño de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.

- RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e produción, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025 pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 1 de xullo de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 14.30 horas, na sala D, situada na planta baixa do Edificio Administrativo San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela.