No DOG do 22/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e instalacións mariñas, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar os días 29 e 30 de xuño de 2026, en chamamento único nos respectivos días ás 14.30 horas na sala D, situada na planta baixa do edificio administrativo San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela.