No DOG do 22/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2026, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.
Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica
De acordo co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, referida ao terceiro exercicio da fase de oposición, estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten que posuían, o día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).