No DOG do 23/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos de cultivo acuícola, convocado mediante a Resolución do 24 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 123, do 30 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.
Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo no portal web corporativo funcionpublica.gal