No DOG do 23/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2026 pola que se modifica a Resolución do 15 de xuño de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 19 de xuño) pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arqueólogos; escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades de arquivos, bibliotecas e museos; no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, bibliotecas e museos; escala técnica de restauración, especialidade en bens artísticos e arqueolóxicos; no corpo de técnicos de carácter facultativo, subgrupo C1, escala técnica de delineantes, e no corpo auxiliar, subgrupo C2, escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades arquivos e bibliotecas, convocados polas resolucións do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril) e polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro).