No DOG do 26/06/2026 publican a ORDE do 19 de xuño de 2026 pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos selectivos para o ingreso pola modalidade específica de promoción laboral fixo, convocados polas resolucións do 24 de febreiro de 2024.

A toma de posesión como persoal funcionario de carreira dunha persoa, que implicará o cambio do vínculo xurídico coa Administración, será o 1 de xullo de 2026.