No DOG do 29/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2026 pola que se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento da xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística e corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidades de vixilancia de estradas, mobilidade e dominio público hidráulico.
O prazo habilitado para presentar a solicitude de elección de postos de traballo e xustificar a posesión de méritos e requisitos será de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza, concretamente desde o 30 de xuño 2026 ao 13 de xullo de 2026.
Durante o prazo indicado no punto primeiro as persoas concursantes poderán solicitar por orde de preferencia os postos ofertados no anexo I da resolución de convocatoria, aos que se engaden as potenciais resultas consecuencia das solicitudes de participación presentadas. A relación de postos ofertados en resultas publícase na web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no enderezo https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta