No DOG do 29/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2026 pola que se modifica a Resolución do 19 de xuño de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 116, do 23 de xuño) pola que se convocan para a elección de destino definitivo ás persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, e na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

Eliminan do anexo I as persoas convocadas que se relacionan que optaron por seguir mantendo a súa pretensión xudicial para a obtención dun destino definitivo ou non manifestaron a súa opción, segundo a comunicación remitida o 28 de maio de 2026.

Eliminan do anexo II da Resolución do 19 de xuño de 2026 (DOG núm. 116, do 23 de xuño) os postos que relacionan.

Engaden dous postos.