No DOG do 03/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de cociña, convocado mediante Resolución do 24 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 123, do 30 de xuño), pola que se dá publicidade de diversos acordos.
Fan pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.
De conformidade co disposto na base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.