No DOG do 07/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior, escala de facultativos/as, especialidades de medicina, de psicoloxía e de pedagoxía; do corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos/as facultativos/as, especialidades de enfermaría, de fisioterapia, de traballo social, de educador/a social e de terapia ocupacional; do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala técnica de gobernantes/as, especialidade gobernante/a e do corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica, corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

Adxudican e fan públicas as adxudicacións dos postos de traballo ás persoas que se relacionan no anexo II. Esta información atópase ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe <concurso de traslados>.

Difiren os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata que se publique no Diario Oficial de Galiza a resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.