No DOG do 09/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión, subgrupo A2, escala de inspección turística, e corpo administrativo, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidades de vixilancia de estradas, mobilidade e dominio público hidráulico.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galiza, https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe de <concurso de traslados> . Non constan persoas participantes excluídas.