No DOG do 10/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos de cultivo acuícola, convocado mediante a Resolución do 24 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 123, do 30 de xuño), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar os días 14, 15 e 16 de xullo de 2026, na sala D, situada na planta baixa do Edificio Administrativo de San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela.