No DOG do 14/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2026 pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios.

As persoas aspirantes que teñan que presentar documentación acreditativa dos méritos baremables na fase de concurso do proceso selectivo a que se refire esta resolución anexarana ao seu expediente persoal electrónico, ao que accederán a través da canle do emprego público de Galiza (FIDES) no enderezo https://fides.xunta.gal seguindo o procedemento establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023 pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das súas entidades públicas instrumentais.

O prazo para presentar a solicitude de actualización de méritos e a documentación acreditativa deles, para formular alegacións ou para sanear o estado de «acreditación documental incompleta» rematará aos dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.