No DOG do 14/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2026 pola que se modifica a Resolución do 3 de xullo de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 125, do 7 de xullo) pola que se convocan para a elección de destino definitivo ás persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidades de medicina, psicoloxía e pedagoxía; no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría, fisioterapia, traballo social, terapia ocupacional e educador social; no corpo de axudantes de carácter facultativo, subgrupo C1, escala técnica de gobernantes/as, especialidade de gobernante/a; e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica.
Acórdase modificar a data de inicio do prazo de elección de postos, que comezará o martes, 14 de xullo e rematará o xoves, 16 de xullo, ambos incluídos.
En aplicación da xurisprudencia establecida polo Tribunal Supremo, entre outras, na sentenza número 495/2026, do 23 de abril de 2026, na que se establece o criterio favorable ao recoñecemento da adscrición definitiva ao posto de traballo en determinados supostos, procede realizar a modificación do anexo I e o anexo II da antedita resolución nos termos establecidos nesta resolución.