No DOG do 17/07/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de pesca marítima, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de navegación marítima, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de formación e orientación laboral, convocado mediante a Resolución do 18 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 162, do 26 de agosto), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no segundo exercicio.