No DOG do 21/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e produción, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025, pola que se dá publicidade a diversos acordos.
Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal